É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes actividades de conciliación xestionadas por cada corporación municipal.
Os pais/nais ou titores/as de nenas e nenos que desexe inscribirse nunha actividade de conciliación xestionada pola corporación municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.