Este procedemento ten por obxecto xestionar a concesión de axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.
MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información sobre esta convocatoria así como as posteriores publicación relativas a listaxe provisional, requirimento de documentación, prazo para alegacións, listaxe definitiva, período para a presentación de facturas xustificativas, ou calquera outra, serán realizadas na páxina web municipal e poderán consultarse na seguinte ligazón: https://i.gal/AxudasEscolarizacion25_26
Calquera persoa física, pai, nai, titor/a acolledor/a ou calquera outro que ostente a tutela dun ou varios menores escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para o curso académico 2025/2026, nalgún centro de ensino público de Brión.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 09 de Agosto e rematará o 30 de Agosto de 2025 ás 24:00 horas.
NOTA INFORMATIVA: Información e indicacións para a presentación de solicitudes
(E obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
CIRCUNSTANCIAS ESPECÍFICAS
XUSTIFICACIÓN
Nome: Solicitude de axudas de apoio á escolarización curso 2025-26.
Unidade tramitadora: Intervención.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.