MODIFICACIÓN O.F. TAXA SUBMINISTRO AUGA 2026.
EXP: 2025/G016/000002
O Pleno do concello en sesión de data 15 de outubro de 2025 aprobou provisionalmente a modificación da seguinte ordenanza fiscal:
-. Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga.
De conformidade co disposto no art. 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público o expediente polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncios no taboleiro de edictos do concello e no BOP, prazo que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de que non se presenten reclamacións entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario, debendo facerse publicación íntegra do texto da modificación aprobada no BOP para a súa entrada en vigor.