Sede electrónica Concello de Brión

21:41:22 Venres 31 de outubro 2025

Información

Urbanismo

19/09/2025

Publicación da porcentaxe de perda de auga da rede municipal

EXP: 2025/A008/000015

Expediente: 2025/A008/000015

O Concello de Brión contratou a elaboración dunha Auditoría municipal das redes de abastecemento que foi cofinanciada coa subvención de Augas de Galicia destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar ás perdas de auga, ao abeiro do establecido na resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C) (DOG núm. 37, do 24 de febreiro de 2025).

Unha vez recibida a devandita auditoría, e para dar cumprimento as obrigas das entidades beneficiarias segundo o artigo 22. 3. b. das bases de dita subvención, faise público no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Brión que a porcentaxe de perda de auga da rede municipal é dun cincuenta e cinco con noventa e nove por cento (55,99%).


Xustificantes de Publicación: