É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscricións nas diferentes escolas deportivas municipais.
Calquera persoa física que desexe solicitar a inscrición nalgúnha das escolas deportivas municipais.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA:
RENOVACIÓNS E BAIXAS
O prazo de renovacións rematou o pasado 30 de xuño. Polo que aquelas persoas que non solicitaron renovación deberan presentar a documentación como nova inscrición. Aquelas persoas que non desexen continuar nalgunha actividade na que estaban inscritas deben enviar o formulario de baixa antes do día 31 de xullo.
NOVAS INSCRICIÓNS
Do 14 de xullo ó 14 de agosto.
INSCRICIÓN EXTRAORDINARIA 2º CUADRIMESTRE
No caso de quedar prazas libres para o segundo cuadrimestre (febreiro a maio), poderase solicitar a inscrición nas actividades nas que queden prazas, pagando só a cota correspondente a este segundo cuadrimestre.
En todo caso, a solicitude deberá presentarse antes do día 1 de febreiro.
MÁIS INFORMACIÓN
A información sobre os horarios, prezos e normativa das distintas escolas, así como os formularios de baixa e orde de domiciliación bancaria, están dispoñibles na seguinte ligazón: https://i.gal/fKELw
(É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado).
Nome: Solicitude de inscrición en escolas deportivas municipais.
Unidade tramitadora: Deportes.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.