Procedemento administrativo para a xestión de solicitudes das inscricións nas ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN.
Informativa:
Nai/s, pai/s, titores/as legais de menores que naceron entre o 01/01/2014 e o 31/12/2022 e que estean empadroados/as no Concello de Brión.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o/s impreso/s dende esta páxina, ou a páxina web do Concello, e/ou acudir ao rexistro auxiliar do Concello (oficiña ubicada nos Servizos Sociais – Centro Social Polivalente).
O prazo de inscrición remata o domingo 22 de novembro de 2026 ás 23:59h.
De presentación obrigatoria:
(E obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
Documentación a presentar (excepto si xa foi entregada en anteriores convocatorias, sempre e cando a documentación manteña a súa validez e non variaran os datos solicitados)
Documentación a presentar no caso de querer a optar a acceso prioritario
1. Para acreditar a necesidade de conciliar por motivos laboráis ou formativos
2. Para acreditar a necesidade dde conciliar por coidado de persoas dependentes en grao III ou menores de 3 anos
3. Para acreditar outras situación recollidas no Plan Corresponsables
Documentación para renuncias, baixas ou reintegro de cotas das prazas concedidas:
Nome: Solicitude de inscrición nas actividades do Concilia Nadal 2026-2027.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)