O procedemento de "retirada de vehículo da vía pública" regula a retirada, por instancia de parte, ou ben de oficio por iniciativa do Concello, de vehículos en estado de abandono na vía pública.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a retirada dun vehículo da vía pública, por estado de abandono patente.
De oficio, cada Concello, tras verificar o abandono do vehículo segundo a normativa vixente.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de retirada de vehículos da vía pública.
 
 Unidade tramitadora: Servizos Xerais.
 
 Inicio do procedemento: A instancia de parte ou de oficio.
 
 Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
 
 Órgano de resolución: Alcaldía.
 
Prazo de resolución: 6 meses.
 
 Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
 
 Taxas/impostos: Non aplica.
 
 Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
 
                                       Presencial.